Volver

Consello Xeral de Procuradores de España

Publicada a Lei de Colexios profesionais o 13 de Febreiro de 1974, estableceuse con carácter imperativo que cando estivesen constituídos varios Colexios da mesma profesión de ámbito inferior ao nacional existiría un Consello Xeral. De aí o cambio de denominación que sufrise a Xunta Nacional pasándose a chamar Consello Xeral dos Ilustres Colexios de Procuradores dos Tribunais de España. Para a debida adecuación ás directrices da Lei de Colexios profesionais, o Consello viu referendadas por orde ministerial do 21 de Marzo de 1977 as súas propias normas reguladoras que modificaban a composición dos seus membros respecto ao anterior réxime da Xunta Nacional.
logo