Volver
Consello Xeral de Colexios oficiais de Educadoras e Educadores Sociais
O CGCEES pretende ser unha entidade non soamente centrada en aspectos organizativos e na lexítima defensa profesional, senón que ademais quere ser un Organismo útil para os Colexios que o forman e exercer un papel proactivo ante as políticas sociais que aposte por mellorar a nosa profesión e pola defensa das persoas e colectivos cos que traballamos. Desde esta óptica o Consello Xeral é unha Organización que promove a participación conxunta e o debate, unha Organización que promove o cambio social, baseada en valores cun forte compromiso social plasmados nos seus principios ideolóxicos. O Consello Xeral asume e pretende continuar a traxectoria histórica das anteriores entidades de representación estatal e ten como principal obxectivo traballar pola Educación Social como profesión socialmente necesaria, dando cobertura ás entidades que o forman a través da súa coordinación e representación conxunta. O CGCEES ten establecidos convenios de colaboración coas Asociacións de Educadoras e Educadoras que existen nos territorios autonómicos que aínda non teñen colexios oficiais constituídos.- : https://www.consejoeducacionsocial.net/
- : C/ Aragón 141-143, 4ª Planta 08015-Barcelona.
- : 661306517
- : consejo@consejoeducacionsocial.net