Volver

Ilustre Colexio oficial de Geólogos

É unha institución sen finalidade lucrativa creada para a defensa e apoio dos intereses dos Geólogos, creada por Lei 73/1978 do 26 de Decembro, é unha corporación de Dereito Público, amparada por Lei e recoñecida polo Estado, con personalidade xurídica propia e capacidade plena para o exercicio das súas funcións e cumprimento dos seus fins. Goza, para todos os efectos, do rango de preeminencia atribuídos a esta clase de entidades pola Lei de Colexios profesionais, polo que é a única corporación lexitimada para elevar aos Poderes Públicos os problemas e aspiracións da profesión, asumindo en tal sentido a representación do colectivo profesional. Os Estatutos do ICOG foron aprobados polo Real Decreto 1378/2001, do 7 de decembro de 2001.

Para colexiarse, pode acceder directamente aos trámites desde aquí
logo